Excursión 2012

- O 26 de Maio (sabado)  excursión o val de San Lorenzo (León).

- Mais información facendon click aqui

- Todos aqueles que queiran ir anotarse cuanto antes. Precio por socio 15 €

- Organiza: Asociación Cultural “Tarabustio”. ( tarabustio@hotmail.com)

Benvidos a web de Pentes

tiempo en españa en Pentes

- Predicción de 14 dias do tempo en Pentes facendo click no recuadro.

San Mamede de Pentes

Texto: José Rodríguez Cruz & Eligio Rivas Quintas (cfr. Terra das Frieiras, páxs. 150-151 Ed. Deputación Provincial de Ourense.


Primitivamente, esta foi a igrexa principal, matriz, da que eran sufragáneas, San Martiño da Gudiña, San Lourenzo, A Herosa, O Tameirón, e A Barxa. Tiña categoría parella á de Vila Vella na parte da Mezquita.

O lugar é antiquísimo e coñecido xa antes dos romanos.

Ptolomeo (Lib. 2,2,6) sinala en lonx. 7.50, e na lat. 43.30 Pinetus, que vén caendo mesmo por onde está Pentes, abaixo da Gudiña. Pínetos ou Pénetos con acento esdrúxulo, dá Pentos que, con debilitación final, aquí moi frecuente, acaba en Pentes. É o celta pin/-pen, latinizado en pinnitus, *pinnus “agudo, moi pino” (cf. Ernout, s.v. pinna).

Don Pedro González de Ulloa (op. cit. 108) di:
“S. M. de Pentes, presentación de mi señor (o Conde de Monterrei), reputado en 2000 ducados de valor anual. Asegúrase que tiene 10 leguas de circunferencia y así estaran de extraviados los lugares de esta parroquia. Tiene iglesia muy decente y no lo es menos la casa rectoral”.

V. Risco (p. 811) di que  está entre dous montes, á beira do regueiro Pentes, afluente do Diabredo.
Tanto pola orografía en que asitia, coma tamén pola súa historia, é un dos lugares máis notables da Gudiña. Está á dereita do río Ribeira, que aquí comeza a se chamar “Pentes” e que vai moi fundido, rachando enorme cavanco. O lugar aséntase na pendente en bimbarreira, razón do seu nome. A erosión é fenomenal. Quizais unha falla tectónica na fraga, que o río divide da pedra gra a nacente, que as correntes do Mesón da Herosa e Os Cabezos van enchendo outra vez. A man do home ten feito o  seu labor arredor de Pentes. Boas terras e boas fontes. A fraga  trócase aquí en boa pedra negra porfídea.

As casas “pindias de casa en casa”, agrúpanse en pequenos barrios: A Eirexa coa rectoral; O Medio da Aldea; A Fonte; O Eido do Cabo; Fontelas; Outeiro; Os Pinzas (celt. lat. penni¬cias, cf. Pinza en Viana); O Porto, (por onde pasa o regueiro); A Porteliña xa saíndo cara a Gudiña polo camiño antigo á par do río Ribeira. As casas, con todo, son de pedra gra traída da banda esquerda do río; os tellados de louxa. Está a 7.3 Kms da Gudiña.

A igrexa de Pentes é grande e de boa sillería, de pedra gra. O pavimento ten louxas xa antes empregadas alí coma tampas de sartego, en templo anterior, medieval. Sobre a porta parece ter a data de 1754. O retablo maior, do XVIII, é unha boa obra, co padroeiro San Mamede, barroco. O retablo do Carme, retablo do XVIII coa Inmaculada, talla do XIX. Un crucificado barroco popular; Santo Antonio tamén barroco popular; peto de ánimas. Cáliz e copón do XIX, prata; crismeiras e portaviáticos tamén.

Camiño da Eirexa e da casa Rectoral, á dereita, nunha boa fonte, atopamos facendo de pilo de recollida das augas, un sartego antropomorfo, de boa pedra gra, sen outros sinais aparentemente, cas que a xente lle fixo nas partes altas dos laterais, por mor de afiar alí ferramentas, coitelos, fouces, etc. Din que antes estivo tamén facendo de pilo noutra fonte no medio do pobo. Descoñecemos o lugar de procedencia.

Celebra festa a San Mamede, Corpus Cristi e Santos Reis.

Miñano (1826) di que é freguesía secular de 87 lumes e 350 hab., xurisdicción ordinaria da Gudiña, con 1 parroquia e aldeas de Pentes, Erosa, Barxa e Seixo.
Madoz (1845): “Cruza esta feligresía un camino que conduce a Portugal y tiene puente en el río en Barja”. Entre dos montes, son 156 vecinos con 780 almas (inclúe os anexos); hay 1 herrería y varios molinos harineros”. Eran daquela anexos os que dixemos, con ermidas: de San Pedro na Herosa, S. Xoán na Barxa, e Sª Mª Madanela no Seixo.

No ano 1956 tiña 70 lumes con 280 moradores.